Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 11 de decembro de 2015 polo que se notifica a resolución ditada en relación coa petición formulada ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou, no marco establecido pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, resolución pola que se concedía a Iván Manuel Sanmartín Eirin o acceso á información solicitada.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución ao terceiro afectado (Araceli Galarraga San Juan) a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle á interesada a resolución antes referida a cal pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Estrada, 11 de decembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública