Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resposta ditada en relación cunha solicitude.

Con data 9 de novembro de 2015 o director xeral da Función Pública deu resposta respecto á solicitude formulada por Carlos Arias Iglesias con data 31 de agosto de 2015.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada contestación a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Carlos Arias Iglesias a resposta antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resposta mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública