Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión e auditoría da calidade (expediente 10/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 10/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxectivo básico do servizo é a definición, planificación e execución das tarefas necesarias para o mantemento do sistema de xestión da calidade da Amtega, aliñado coas mellores prácticas e tendencias nos modelos de organización, funcionais e TIC, así como as tarefas de auditoría do dito sistema de xestión da calidade e colaboración coas auditorías externas que se fagan del.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: 24 meses contados a partir do 27.4.2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computará desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 255.000,00 €, máis 53.550,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 308.550,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23906

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 9.2.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de publicación do anuncio previo: 13.10.2015.

13. Data de envío ao DOUE: 11.1.2016.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia