Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o expediente da solicitude do permiso de investigación mineira Isabela II, número 7121.

Por Resolución do 4 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña resolveu favorablemente a admisión definitiva da solicitude presentada o 20 de xuño de 2011, no Rexistro Único da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na Coruña, pola sociedade Grupo M-FM 2001, S.L., de permiso de investigación mineira de recursos da sección C), de 156 cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspondeulle o número 7121 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W) ED50

Latitude (N) ED50

Lonxitude (W) ETRS89

Latitude (N) ETRS89

1

8º 57’ 00’’

43º 08’ 20’’

8º 57’ 5,5490’’

43º 08’ 15,847’’

2

8º 54’ 40’’

43º 08’ 20’’

8º 54’ 45,544’’

43º 08’ 15,849’’

3

8º 54’ 40’’

43º 07’ 40’’

8º 54’ 45,543’’

43º 07’ 35,848’’

4

8º 52’ 20’’

43º 07’ 40’’

8º 52’ 25,537’’

43º 07’ 35,850’’

5

8º 52’ 20’’

43º 07’ 00’’

8º 52’ 25,536’’

43º 06’ 55,849’’

6

8º 52’ 40’’

43º 07’ 00’’

8º 52’ 45,537’’

43º 06’ 55,848’’

7

8º 52’ 40’’

43º 06’ 20’’

8º 52’ 45,536’’

43º 06’ 15,847’’

8

8º 51’ 40’’

43º 06’ 20’’

8º 51’ 45,534’’

43º 06’ 15,848’’

9

8º 51’ 40’’

43º 07’ 40’’

8º 51’ 45,536’’

43º 07’ 35,851’’

10

8º 50’ 40’’

43º 07’ 40’’

8º 50’ 45,523’’

43º 07’ 35,852’’

11

8º 50’ 40’’

43º 05’ 00’’

8º 50’ 45,529’’

43º 04’ 55,846’’

12

8º 57’ 00’’

43º 05’ 00’’

8º 57’ 5,5430’’

43º 04’ 55,840’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación mineira poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, na rúa Vicente Ferrer, número 2, 15071 A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 23 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña