Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1571

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Montealegre.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015004864 (ref. 2333).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Montealegre.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Duración: catro anos.

e) Admisión de prórroga: no.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 70 puntos.

Características do local: ata 30 puntos:

– Superficie total: ata 15 puntos.

– Distribución e flexibilidade do espazo para admitir distribucións diversas: ata 8 puntos.

– Instalacións: ata 2 puntos.

– Acceso: ata 2 puntos.

– Situación: ata 3 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 15.648,16 euros.

b) Tipo de licitación: 5,64 euros por metro cadrado útil (IVE incluído), sen que poida exceder a cantidade global de 4.733,57 euros (IVE incluído) por cada ano de contrato.

5. Garantías exixidas:

Definitiva: non se exixe.

6. Requisitos específicos do contratista:

A que se sinala no artigo 14 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 23 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde