Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a renovación da licenza do campus de produtos Microsoft (expediente 1/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 1/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: renovación de licenza do campus de produtos Microsoft.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: edificio da Xerencia e servizos centrais no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de execución: 3 anos prorrogables.

f) Admisión de prórroga: prorrogables por períodos anuais (máximo dous anos) co acordo expreso das partes antes do remate da duración inicial ou da de cada unha das súas prórrogas.

g) Codificación CPV: 48620000-0 sistemas operativos/48610000-7 sistemas de bases de datos/48920000-3 paquetes de software ofimático. Codificación (CNPA): 26.2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Oferta económica (criterio automático): 100 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 310.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 310.000 € + 65.100 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe; definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o 1 de febreiro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, 2 sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres C na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

Vigo, 23 de decembro de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo