Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) (expediente 2/2015/CNTOB).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: acondicionamento do bordo portuario da dársena náutico-deportiva de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 2/2015/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22618

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento do bordo portuario da dársena náutico-deportiva de Vilanova de Arousa.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación e do de adxudicación: perfil de contratante.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de xuño de 2015.

e) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 14 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e sistema unicriterio (prezo).

4. Valor estimado do contrato:

221.045,91 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 221.045,91 euros. Importe total: 267.465,55 euros.

Financiamento das obras: cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 23 de decembro de 2015.

c) Contratista: Rocas Graníticas del Condado, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 165.000,00 euros. Importe total: 199.650,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia