Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións para a contratación do servizo de mantemento das instalacións térmicas en diversos centros (expediente AB-EIO1-15-008).

En relación coa convocatoria publicada no DOG núm. 247, do 29 de decembro de 2015, pola que se anunciou a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento das instalacións térmicas en diversos centros dependentes da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (expediente AB-EIO1-15-008), e tendo en conta a complexidade técnica do expediente e que o prazo inicialmente outorgado foi, por erro, o mínimo para as publicacións no Diario Oficial de Galicia, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 1 de febreiro de 2016.

O resto dos aspectos detallados no anuncio inicial permanecen inalterados.

Os pregos correspondentes a este expediente están dispoñibles no perfil de contratante (www.sergas.es).

Ourense, 29 de decembro de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras