Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante a Resolución do 10 de decembro de 2015, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos espazos e servizos na internet do eido da cultura dependentes da Xunta de Galicia, e se modifica o prazo de presentación de ofertas (expediente 6/2016).

No DOG núm. 239, do 16 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 10 de decembro de 2015, pola que se anunciaba a licitación suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos espazos e servizos na internet do eido da cultura dependentes da Xunta de Galicia (expediente 6/2016).

Advertidos erros no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo aos criterios de adxudicación, letra K da folla de especificacións, procédese a levar a cabo unha corrección que se publica no seguinte enderezo do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23766

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da Resolución do 10 de decembro de 2015, que queda do seguinte xeito:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 17 de febreiro de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia