Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1938

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación da subministración e do mantemento dun equipo multifunción.

1. Obxecto do contrato: subministración dun equipo multifunción, que inclúe a instalación, configuración, posta en funcionamento e o mantemento integral durante a vixencia do contrato.

2. Orzamento máximo de licitación:

O orzamento máximo de licitación, sen incluír o IVE, que deberá soportar TUSSA para a subministración do equipo multifunción fíxase en 4.500 €+IVE.

O IVE correspondente (21 % do orzamento base anterior) ascende a 945 €.

No caso do mantemento, o importe máximo de licitación por páxina é de: en branco e negro: 0,015 €/páxina+IVE; en cor: 0,085 €/páxina+IVE.

3. Procedemento de licitación: licitación pública por procedemento aberto.

4. Duración:

O contrato terá unha duración de cinco anos, contados desde o día que se estipule no contrato.

O equipo, xunto con calquera hardware e software ofertado, será subministrado e posto en explotación nun prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a data de formalización do contrato.

5. Presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: 529 euros.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Apertura da proposición económica: a data e o lugar de apertura do sobre núm. 2 anunciarase cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización no perfil do contratante: www.tussa.org.

10. Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno.: 981 56 82 10. Fax: 981 57 43 24. Na web da sociedade: www.tussa.org.

11. Gastos dos anuncios: o gasto derivado da publicación desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)