Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Coral Mouriño Rodríguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 592/2015 (procedemento abreviado), interposto por Coral Mouriño Rodríguez contra a desestimación do recurso potestativo de reposición formulado fronte á Resolución do 7 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (DOG número 92, do 19 de maio). Categoría de enfermeiro/a, área de Vigo, epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos