Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de licenzas de software de CAD de mamografía para a execución do subproxecto de innovación IS-9 sistemas de diagnóstico asistido por ordenador (expediente AB-SER1-15-045).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-045.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de licenzas de software de CAD de mamografía para a execución do subproxecto de innovación «IS-9 sistemas de diagnóstico asistido por ordenador», cofinanciado nun 80 % con fondo Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 48180000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 45.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 45.000 euros. Importe total: 54.450 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.12.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.12.2015.

c) Contratista: Alma It Systems, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 26.500 euros. Importe total: 32.065 euros.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos