Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (794/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 794/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Vídeo Galicia, S.A. sobre ordinario, se ditou a Sentenza 382/2015 o 18 de xaneiro de 2015 cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A., Radio Televisión de Galicia, S.A., Editorial Compostela, S.A., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., CTV, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertaiment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A. e Dobleson, S.L., debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 2.575,29 euros en concepto de diferenzas salariais e complemento de capacitación e permanencia correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro de 2011, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución ata o completo pagamento; e debo condenar e condeno as restantes codemandadas a estar e pasar pola dita declaración.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sodinor, S.A., Cinemar Films, S.L., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Voces Meigas, S.A. e Dobleson, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

A secretaria xudicial