Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 1089/2014, relativo a recurso de alzada presentado contra a resolución ditada pola Xefatura Territorial da Coruña no expediente 1054/2013, sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

O 10 de decembro de 2015, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada presentado o día 13 de decembro de 2014 por Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra, en nome do seu fillo menor de idade, contra a resolución sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Consonte o artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución do recurso de alzada pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbraselle que contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 1089/2014.

Reclamante: Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra.

NIE: Y3007032-A.

Último enderezo coñecido: praza Ultreia, núm. 8, 4º B, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

Contido da notificación: resolución do expediente 1089/2014 relativo a recurso de alzada presentado o día 13 de decembro de 2014 por Alaa Abdelaziz Abdelfattah Abousamra en nome do seu fillo menor de idade, contra a resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña no expediente 1054/2013, sobre solicitude de acceso á asistencia sanitaria para situacións especiais.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: quince (15) días.