Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 5, prioridade 52, procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 60 11 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es ; jose.gil.bernabe.sanchez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23881

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 8 de febreiro de 2016, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2016-SUEI 01-02-03-04/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dipoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 5, prioridade 52.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: adquisición de 8 vehículos todo tipo terreo pick-up.

Lote 2: adquisición de 16 remolques para atención ás emerxencias.

Lote 3: adquisición de 3 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 4: adquisición de 16 remolques de salvamento e rescate.

d) Lugar de execución: o indicado na epígrafe M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34114100-0, 34114110-3, 34131000-4, 342200000-5, 34522450-1, 34220000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 689.028,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 689.028,00 €.

Importe total: 833.723,88 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe neto: 244.000,00 €. Total: 295.240,00 €.

Lote 2. Importe neto: 227.200,00 €. Total: 274.912,00 €.

Lote 3. Importe neto: 22.500,00 €. Total: 27.225,00 €.

Lote 4. Importe neto: 195.328,00 €. Total: 236.346,88 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

b) Clasificación: non se exixe.

c) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 de febreiro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala D do Edificio da Pirámide.

a) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do día 18 de febreiro de 2016.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza