Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 12 de xaneiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

CIF/NIF

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Alberto Pacín Vázquez

76557346Y

IN635C 2015/104-2

Proposta de resolución

Manuel Méndez Fernández

33996915V

IN635C 2015/110-2

Acordo de iniciación