Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2424

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 4/2016, do 21 de xaneiro, polo que se dispón que cese Ana María Cores González como directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, como directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos, Ana María Cores González, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda