Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2445

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de decembro de 2015 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 4 de maio de 2015.

Mediante a Orde do 4 de maio de 2015 (DOG do 18 de maio), regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo durante o ano 2015.

O artigo 10 establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará o anuncio de exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno, no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro

Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2015, prazo outubro, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Oficina de Atención ao Cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria