Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2465

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2016 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Mediante Resolución do 22 de marzo de 2001 publicouse o Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aprobou o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 63, do 30 de marzo).

Na cláusula 1.6 do dito programa establécese que o tipo de xuro de referencia se determinará anualmente segundo a media do euríbor a un ano rexistrado nos meses de setembro, outubro e novembro do exercicio anterior e que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de cada ano, e debe ser publicado no Diario Oficial de Galicia.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos a evolución do euríbor, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2016 ás operacións en vigor do Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo), será do 0,121 %.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica