Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de aprobación inicial da proposta de modificación do escudo heráldico deste concello e adoptación da bandeira.

O Pleno da corporación, en sesión de data 14 de decembro de 2015, aprobou inicialmente a proposta de modificación do escudo heráldico do Concello de Meaño e adoptou a bandeira, co seguinte brasonamento e descrición da bandeira:

Escudo:

«De prata (branco), un piñeiro ao natural, flanqueado de dous acios de sinople (verde) e, na punta, dúas ondas de azur (azul). Ao timbre, a coroa real».

Bandeira:

«O pano verde e ao centro unha franxa branca, vertical e de dous terzos do ancho, co piñeiro ao natural, flanqueado de dous acios de uvas verdes».

Dando cumprimento ao artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese a información pública, mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de edictos e na páxina web do concello, durante o prazo dun mes desde o día seguinte á publicación no DOG, para que os interesados poidan efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Meaño, 22 de decembro de 2015

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa