En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público; Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 170, do 7 de setembro de 2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do centro público integrado especificado no encabezamento.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 89.870,04 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 7 de decembro de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 10 de decembro de 2015.
c) Contratista: Alberto López Vázquez (Limpiezas La Unión).
d) Importe de adxudicación: 79.608,00 euros, IVE excluído.
Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria