De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.
Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o retorno das persoas galegas emigrantes a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Norma reguladora: Resolución do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG núm. 45, do 6 de marzo).
Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2015.
Crédito orzamentario: 100.000 euros.
Persoas beneficiarias da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:
Persoas beneficiarias |
Importe concedido |
Abel Iglesias Villar |
3.229,24 € |
Antón Xosé García Suárez |
3.120,00 € |
Engels Ralph Sánchez Fernández |
5.000,00 € |
Manuel Cornide Seoane |
4.000,00 € |
Jesús Porral González |
4.000,00 € |
Leopoldo Penedo Veiga |
3.405,64 € |
Tatiana Pérez Suárez |
6.000,00 € |
Gemma María López Núñez |
5.236,32 € |
Marisol Rey Pereiro |
5.000,00 € |
Patricia Cruz Vázquez |
4.788,36 € |
Adrián Fernández Durán |
5.000,00 € |
Nahir Lourenco Presa |
6.000,00 € |
Felipe Bermúdez Valiña |
4.930,97 € |
Eva María Canosa Canosa |
3.740,12 € |
Katherine Núñez Torres |
6.000,00 € |
Carolina Docio Molanes |
4.071,93 € |
Juan Pablo González Dourado |
4.000,00 € |
Luis Eduardo Salazar Rizo |
4.490,00 € |
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración