Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 2917

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses
de setembro, outubro, novembro e decembro de 2015

Convenio

Aportación consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e o Consello Xeral de Economistas para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

14.9.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e a Mancomunidade de Terras de Celanova en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

30.9.2015

Protocolo de adhesión do Concello da Coruña ao convenio subscrito con data do 8.5.2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demáis ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

7.10.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

16.11.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dunha xornada sobre o financiamento autonómico.

3.000 €

2.12.2015

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e a Xunta de Galicia sobre diversas actuacións de coordinación en materia de contratación pública.

Sen achega económica

10.12.2015