Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación dos servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución de aplicacións departamentais (expediente AB-SER1-16-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24 de febreiro de 2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución de aplicacións departamentais dos centros do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a data indicada nel.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas

0-25

Organización e plan de execución

0-15

Metodoloxía de traballo

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 1.708.800 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 854.400 euros. Importe total: 1.033.824 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de febreiro de 2016.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8.1.2016.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade de investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1 e actuación 1.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos