Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3015

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

Comunícase que está aberto o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades de Francés (590010), Navegación e Instalacións Mariñas (590109) e Procesos e Medios de Comunicación (590119), e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades de Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble (591204), Produción de Artes Gráficas (591223), Soldadura (591228) e Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son (591229).

Primeiro. Titulacións requiridas

– Profesores de ensino secundario:

Disciplina

Titulacións requiridas

590010. Francés

– Licenciado en:

- Filoloxía Francesa.

- Tradución e Interpretación Lingüística (primeiro idioma: francés).

- Lingüística, sempre que se cursase francés como primeira lingua estranxeira.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.

590109. Navegación e Instalacións Mariñas

– Diplomado en:

- Máquinas Navais.

- Navegación Marítima.

Radioelectrónica Naval.

– Enxeñeiro técnico naval.

– As titulacións superiores das anteriormente mencionadas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

590119. Procesos e Medios de Comunicación

– Licenciado en:

- Comunicación Audiovisual.

- Publicidade e Relacións Públicas.

- Xornalismo.

– Enxeñeiro de telecomunicacións.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

– Profesores técnicos de formación profesional:

Disciplina

Titulacións

591204. Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble

– Enxeñeiro:

- Industrial.

- De montes.

- De materiais.

– Enxeñeiro técnico en:

- Deseño industrial.

- Industrial, especialidade en Mecánica.

- Forestal.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

– Técnico superior en:

- Deseño e amoblamento.

- Produción de madeira e moble.

- Desenvolvemento de produtos en carpintaría e moble.

– Técnico especialista en:

- Construción industrial de madeira.

- Ebanista.

- Madeira.

- Modelista de fundición.

- Deseño e fabricación de mobles.

591223. Produción de Artes Gráficas

– Enxeñeiro químico.

– Enxeñeiro técnico:

- Industrial, especialidade en Química Industrial.

- Deseño industrial.

– Técnico superior en produción en industrias de artes gráficas.

– Técnico especialista en:

- Composición.

- Encadernación.

- Impresión.

- Procesos gráficos.

- Reprodución fotomecánica.

- Composición de artes gráficas.

591228. Soldadura

– Licenciado en Máquinas Navais.

– Enxeñeiro industrial.

– Enxeñeiro naval e oceánico.

– Diplomado en Máquinas Navais.

– Enxeñeiro técnico:

- Aeronáutico, especialidade en Equipamentos e Materiais Aeroespaciais.

- Agrícola, especialidade en Mecanización e Construcións Rurais.

- Obras públicas, especialidade en Construcións Civís.

- Deseño industrial.

- Industrial, especialidade en Mecánica.

- Naval, especialidade en Estruturas Mariñas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

– Técnico especialista en:

- Construcións metálicas.

- Fabricación soldada.

- Soldadura.

- Caldeiraría en chapa estrutural.

- Construción naval.

- Trazador naval.

– Técnico superior en construcións metálicas.

591229. Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

– Licenciado en:

- Comunicación Audiovisual.

- Xornalismo, especialidade en Audiovisuaies.

– Enxeñeiro técnico de Telecomunicacións, especialidade en Son e Imaxe.

Segundo. Requisitos

1. Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou de Estados en que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o correspondente tratado, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que os cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo dos seus proxenitores.

2. Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.

3. Estar en posesión das titulacións que se especifican no punto primeiro deste anuncio. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro (Boletín Oficial del Estado do 4 de marzo), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, ben como a determinados aspectos da profesión de avogado (Boletín Oficial del Estado do 20 de novembro).

4. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e, polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

5. Non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para o solicitante que acredite estar en posesión, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de cualificación pedagóxica ou do certificado de aptitude pedagóxica.

b) Estar en posesión dun título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre, ou dun título de licenciado en Pedagoxía ou Psicopedagoxía, así como calquera outro título de licenciado ou outra titulación declarada equivalente que inclúa formación pedagóxica e didáctica.

c) Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensino regrado, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Esta experiencia docente acreditarase mediante certificación da dirección do centro, co visto e prace da inspección educativa.

6. No caso de presentarse cunha titulación de técnico superior ou técnico especialista, deberá estar en posesión e presentar a certificación oficial do título de formación pedagóxica e didáctica equivalente ou acreditar que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartiu docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, doce meses en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas correspondentes reguladas na Orde EDU 2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.

7. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Terceiro. Prazo de solicitude

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario antes de ser certificada.

Cuarto. Importe e pagamento dos dereitos de inscrición nas listas (código 30.03.01)

Os dereitos de inscrición nas listas serán de 16,98 euros.

Estarán exentos do pagamento, logo de xustificación documental:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O pagamento da taxa poderase efectuar de dous xeitos diferentes:

– A través do impreso de autoliquidación –A ou AI–, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

– De forma telemática, no enderezo: http://www.atriga.es/web/atriga/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/oficina-virtual-tributaria/servizos-sen-certificado, podendo optar por:

• Un pagamento telemático puro que xeraría un modelo 730 directamente (neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento).

• Un pagamento telemático presencial que xeraría un modelo 739, irían ao banco e logo teríase que retomar a operación na oficina tributaria virtual (OTV) para xerar o modelo 730.

Os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante de pagamento de taxas nas fases correspondentes son os modelos A, AI e 730.

A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Quinto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado).

Sexto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.

Sétimo

Os candidatos seleccionados terán un número de orde posterior ao do persoal interino/substituto da mesma especialidade que foi seleccionado en convocatorias anteriores.

Oitavo

O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 31 de xullo de 2013; Diario Oficial de Galicia do 12 de agosto), será o publicado na fase de concurso da Orde do 11 de marzo de 2015 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de mestres, entre outros, na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 18 de marzo).

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos