Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 11 de novembro de 2015, ditada no expediente sancionador en materia de xogo P-13/14.

O día 11 de noviembre de 2015 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-13/14.

Interesada: Xibalba Servicios a la Hostelería, S.L.

DNI/NIF: B27448687.

Último enderezo coñecido: rúa Jenaro de la Fuente, 4, Vigo (Pontevedra).

Data da resolución: 11 de novembro de 2015.

Tipificación e precepto infrinxido: artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: caducidade.