Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de incautación da embarcación Algami, depositada en seco no porto de Viveiro (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro
(BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á mercantil Medemu, S.A., con últimos domicilios coñecidos en Ruiz de Alarcón, 27, Madrid, e Paseo de la Castellana, 153, Madrid, o Acordo do presidente de Portos de Galicia do 9 de decembro de 2015, que inicia expediente para decretar a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Algami, con folio 7ª-BA-2-604-01, depositada no porto de Viveiro, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese unha vez que a mercantil propietaria da embarcación, depositada en seco, en estado de abandono e sen aboar taxas desde o ano 2011, incumpre dúas ordes de retirada, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

O expediente completo para o seu exame e consulta encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Outórgaselle ao propietario da embarcación un prazo máximo de quince (15) días para formular alegacións, e igualmente para reclamar e retirar a embarcación do porto logo de pagamento dos créditos pendentes en concepto de taxas.

Infórmaselle ao propietario que, decretada a incautación, e como ben moble patrimonial incautado, Portos de Galicia poderá proceder, de acordo co artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao alleamento da embarcación.

A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia