Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3118

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría coas federacións deportivas galegas durante o terceiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte coas federacións deportivas galegas durante o terceiro cuadrimestre de 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data da sinatura

Descrición

Importe total

15.10.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Atletismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

3.000,00 €

15.10.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Taekwondo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

6.000,00 €