Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 15 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D).

O día 31 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D).

Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre agora a súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D).

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file