De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuveillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Ourense, 14 de xaneiro de 2016
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: INC-OU-125/2015-LSA.
Interesado: Antonio Fernández Fernández.
Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.