En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2015021745; ref. 2375.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2016.
c) CPV: 92331210-5.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 4.11.2015, 9.11.2015 e 10.11.2015.
3. Trámite e procedemento de adxudicación:
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 49.586,78 euros. IVE: 10.413,22 euros. Importe total: 60.000 euros.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2015.
b) Data de formalización: 23 de decembro de 2015.
c) Contratista: Laura Míguez Escudero.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 49.462,81 euros. IVE: 10.387,19 euros. Importe total: 59.850 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.
Ourense, 23 de decembro de 2015
Jesús Vázquez Abad
Alcalde