Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C 68/15 e tres máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto adoptouno o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 68/15.

Denunciada: Domínguez y Leira, S.L.

VP-C 72/15

Denunciadas: Josefa Lucía López Tomé e Carmen López Tomé.

VP-C 76/15.

Denunciado: Óscar Pazos Espiñeira.

VP-C 79/15.

Denunciado: Promociones y Construcciones Anidos, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.