En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis,
Nomeo director xeral de Inclusión Social a Arturo Parrado Puente.
Santiago de Compostela, vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social