Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos (PE EE).

1. O Pleno do Concello da Laracha en sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de novembro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

[…]

Terceiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos (PE EE), tramitado de oficio polo Concello, segundo o proxecto redactado pola empresa Monteoliva Arquitectura, S.L.P., datado do mes de novembro de 2015.

Cuarto. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do plan especial, así como o acordo correspondente no Boletín Oficial da provincia, que non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 abril, de bases do réxime local.

Quinto. Notificar persoalmente aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo expediente o presente acordo e comunicarlles que pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do texto no Boletín Oficial da provincia.

Sexto. Ordenar ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Sétimo. Consonte o disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, comunicar a aprobación definitiva a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da LOUPMRG, publicáronse no BOP núm. 242, do 18 de decembro de 2015, o texto normativo e os planos de ordenación

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o 30 de decembro de 2015.

A Laracha, 30 de decembro de 2015

José Manuel López Varela
Alcalde