Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición do equipamento integral de esterilización necesario para a posta en marcha e funcionamento de servizos sanitarios do novo hospital de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER2-15-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-15-010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento integral de esterilización necesario para a posta en marcha e funcionamento de servizos sanitarios do novo hospital de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG número 89, do 13 de maio de 2015.

BOE número 118, do 18 de maio de 2015.

DOUE 2015/S 095-172118, do 19 maio de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 1.881.000 €.

Orzamento con IVE: 2.276.010 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.10.2015.

b) Data de formalización do contrato e contratista: 4.12.2015. Getinge Ibérica, S.L.

c) Importe de adxudicación

Orzamento sen IVE: 1.620.000 €.

Orzamento con IVE: 1.960.200 €.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos