Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de diversas resolucións (ENJ 234/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais número 234/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Jesús Romero Maneiro contra a empresa Ventanas Arousa, S.L. sobre reclamación de cantidade, foron ditadas as seguintes resolucións:

– Dilixencia de ordenación de data 13.11.2015:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela o trece de novembro de dous mil quince.

Fernando Jesús Romero Maneiro presentou demanda de execución do acordo alcanzado ante o SMAC, coa súa documentación e copias, contra Ventanas Arousa, S.L. Considerando que concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos, para os efectos previstos no artigo 239.2 e 4 da LXS, acordo:

Dar conta ao/á maxistrado/a xuíz/a para que resolva sobre a admisión da demanda de execución.

En virtude do disposto no artigo 551 LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal e únase o resultado ás actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Auto de data 13.11.2015:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Fernando Jesús Romero Maneiro, contra Ventanas Arousa, S.L., parte executada, por importe de 6.172,81 euros de principal, máis outros 617,28 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que esta fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que teñan acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0234 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0234 15. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a            O/a secretario/a xudicial».

– Decreto de data 13.11.2015:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Ventanas Arousa, S.L., pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros producidos, se é o caso, que ingresará na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 0049 3569 6200 0500 1274 (conta número 5076 0000 64 0234 15) e, se non pagar no prazo de dez días, proceder ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou a execución máis as custas desta, servindo o presente como mandamento para o efecto para o servizo común de actos de comunicación de Santiago de Compostela (SCACE).

– Requirir a Ventanas Arousa, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, se non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o contido do auto do 13 de novembro de 2015 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, parte final).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0234 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0234 15. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

– Dilixencia de ordenación de data 7.12.2015:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela o sete de decembro de dous mil quince.

Por presentado o precedente escrito polo Fondo de Garantía Salarial interpondo recurso de reposición contra o auto do 13 de novembro de 2015, e ao abeiro do que dispón o artigo 186.2 da LXS, e á vista de que este cumpre cos requisitos que para a súa admisión establecen os artigos 186.4 e 187.1 da LXS, admítese a trámite.

Déase traslado por tres días ás partes para a súa impugnación, se o consideraren conveniente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ventanas Arousa, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial