Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMTS ao CS bombeo Razamonde.
Situación: Cenlle.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 92 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×240 Al, con orixe no apoio existente na CAS801 entre as derivacións ao CT Razamonde 1 (32A394) e CT Laias (32CA58) e remate no CS proxectado, bombeo Razamonde.
Orzamento: 19.522,74 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 11 de xaneiro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense