Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Concello de Santa Comba.
Domicilio social: pza. do Concello, 1, 15841 Santa Comba.
Denominación: proxecto LMTA, CTA de 50 kVA e RBTA na ETAP O Ribeiro.
Situación: San Cristovo-Mallón-Santa Comba.
Características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV, co inicio na liña de distribución Babión-Catro Ventos, condutor LA-56, lonxitude 33 m e remate no apoio en que se instala o CT proxectado. CT de 50 kVA, tipo intemperie e relación 20 kV/420 V. Liña de baixa tensión aérea, co inicio no apoio do CT, condutor RZ 0,6/1 kV, lonxitude 337 m, e remate na CPM da ETAP do Ribeiro-San Cristovo-Mallón-Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña