Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3769

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de xaneiro de 2016 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro) fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do consello social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O 20 de xaneiro de 2016 o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, achega copia do escrito da Secretaría Xeral da Universidade no que se comunica que o Consello de Goberno, na sesión do 27 de novembro de 2015, designou a José Miguel Diéguez Rodríguez, en representación do estudantado ante o Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Hadrián Fernández Alvarado.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro no consello social.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a José Miguel Diéguez Rodríguez, designado polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo en representación do estudantado no Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Hadrián Fernández Alvarado.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria