Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Alexandra Silva Pereira

IN635A 2015/254-1

Resolución

Valdoviño

Antonio Fuentes Olmo

IN635A 2015/280-1

Resolución

Santiago de Compostela

Mª Dolores Valiño Seoane

IN635A 2015/281-1

Alegacións

A Coruña

Lucía Pardo Leira

IN635A 2015/344-1

Resolución

Ferrol

Promoesga, S.L.

IN635A 2015/434-1

Resolución

Culleredo

Patricia Fraguio Cosque

IN635B 2014/8-1

Resolución

A Coruña

Víctor Daniel Ortega Fernández

IN635B 2015/31-1

Resolución

Betanzos