Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0147-2015 OU e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a data de publicación neste será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0147-2015 OU.

Denunciado: Feliciano Álvarez Antón.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0149-2015 DIA.

Denunciado: Salvador Iglesias Garea.

Acto de notificación: acordo de inicio.