O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade da relación de convenios de colaboración relacionados coas competencias en materia de política social subscritos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social
ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2015
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Importe (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Mondoñedo, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal. |
O obxecto do presente convenio é contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actuacións que o Concello de Mondoñedo ten previsto desenvolver durante o ano 2015, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello. |
27.10.2015 |
90.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para a execución dun programa piloto para a prevención e atención do envellecemento prematuro das persoas con discapacidade intelectual. |
O obxecto deste convenio é a colaboración por parte da Consellería de Política Social no desenvolvemento dun programa piloto para a prevención e atención do envellecemento prematuro das persoas con discapacidade intelectual no centro ocupacional do que a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) é titular. |
17.11.2015 |
341.856,00 € |
|
Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento e difusión do programa carné xove no ámbito da Administración local. |
Difundir e estender os beneficios do carné xove entre a xuventude de todos os concellos de Galicia, co fin de facilitar á mocidade galega a súa mobilidade, así como o acceso a bens e servizos culturais, educativos e sociais en condicións máis favorables. |
23.12.2015 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Lalín para facilitar a realización de actividades de educación non formal e o acceso da mocidade á prestación de servizos. |
Facilitar a realización de actividades de educación non formal e o acceso da mocidade á prestación de servizos das instalacións do Espazo Xove de Lalín, de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar, ao Concello de Lalín fóra do seu horario habitual de apertura e facilitar a realización de actividades para a mocidade no ámbito local. |
14.9.2015 |
Sen contido económico |
|
Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Nais e Pais de alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalación do comedor e do salón de actos da residencia xuvenil Florentino Cuevillas para o curso académico 2015/16. |
Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a ANPA Pía da Casca do CEIP As Mercedes para a utilización gratuíta por parte desta última das instalación do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense. |
20.10.2015 |
Sen contido económico |
|
Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco da inclusión social, cofinanciado polo fondo social europeo (eixe 2, código 71 do P.O. do fondo social europeo 2007/2013). |
Ampliación do crédito inicialmente previsto para a realización das actividades estipuladas no convenio principal, no marco da inclusión social de Galicia. |
20.11.2015 |
144.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a fundación bancaria La Caixa e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o programa Caixaproinfancia. |
Regular a colaboración entre a Xunta de Galicia e a fundación bancaria La Caixa no desenvolvemento do programa Caixaproinfancia, que ten como finalidade mellorar a situación dos e das menores en situación de pobreza e vulnerabilidade social e a das súas familias, así como desenvolver as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o dito proceso de mellora. |
7.10.2015 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a cesión do código fonte do sistema de información de usuarios de servizos sociais en versión web (SIUSS), e intercambio de información. |
A colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Amtega, para a cesión do código fonte da aplicación SIUSS web e intercambio de información e transferencia de datos entre ambas as dúas administracións. |
15.12.2015 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación intraxudicial familiar durante o ano 2015 na Coruña. |
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación intraxudicial familiar na Coruña, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios mensualmente. |
18.11.2015 |
27.800,00 € |
|
Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e o Concello de Guntín para o equipamento do punto de atención á infancia municipal. |
Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Política Social e o Concello de Guntín para o financiamento do equipamento do punto de atención á infancia municipal de Guntín. |
29.12.2015 |
34.881,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a instrumentación da axuda económica a través da tarxeta benvida. |
Constitúe o obxecto deste convenio establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un/unha fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano que se fará efectiva a través da denominada tarxeta benvida, unha tarxeta prepagamento que se cargará cunha contía de 100 € ao mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena cumpra un ano. |
30.12.2015 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (LORPM). |
Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Ourense. A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas. |
1.10.2015 |
319.642,85 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores. |
Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Pontevedra. A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas. |
1.10.2015 |
413.957,59 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro de Atención Específica Montefiz. |
Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de atención específica Montefiz. Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas. O convenio ten por obxecto satisfacer as seguintes necesidades: – Dar cumprimento ás seguintes medidas privativas de liberdade impostas polos xulgados de menores: internamento terapéutico en réxime pechado, semiabierto e aberto. – Proporcionar unha atención residencial integral e continuada ás persoas menores internadas, que dea cobertura ás necesidades de alimentación, lavandaría, limpeza e mantemento das instalacións, de maneira que se asegure unha atención residencial de calidade. – Levar a cabo unha intervención educativa integral dirixida á súa reinserción social e unha intervención terapéutica específica. – Garantir a vixilancia no centro e a saúde das persoas menores e facilitar a atención sanitaria nos supostos previstos na normativa aplicable. |
8.10.2015 |
2.022.735,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Dignidade Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores. |
Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Dignidade Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da LORPM, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Lugo. A relación de medidas xudiciais que executará a entidade son as seguintes: tratamento ambulatorio; asistencia a centro de día; permanencia fin de semana; liberdade vixiada; convivencia con persoa, familia ou grupo educativo; prestacións en beneficio da comunidade e tarefas socioeducativas. |
1.12.2015 |
285.914,46 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí que desenvolve o programa Vacacións en paz 2015. |
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do programa Vacacións en paz 2015, que ten como obxectivo xeral trasladar nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas. |
30.10.2015 |
6.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para a infancia, adolescencia e familias. |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os/as menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección das xefaturas territoriais da consellería poidan acceder ao Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias, a través das liñas de actuación máis adecuadas segundo sexa o seu caso. |
20.11.2015 |
60.000,00 € |
|
Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña para a atención odontolóxica a menores. |
Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. |
24.11.2015 |
0,00 € |
|
Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo para a atención odontolóxica a menores. |
Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao Convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. |
24.11.2015 |
0,00 € |
|
Acordo de prórroga para o 2016 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra) para a atención odontolóxica a menores. |
Dar continuidade, mediante prórroga para 2016, ao Convenio de colaboración subscrito co Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Ourense-Pontevedra), para a atención odontolóxica de menores incluídos no sistema de protección. |
24.11.2015 |
0,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/a menor acollido/a mediante a formación, orientación, asesoramento e apoio especializado ás familias e/ou aos/ás menores. |
7.12.2015 |
151.679,00 € |
|
Acordo de prórroga para o ano 2016 do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a atención de menores no centro residencial Príncipe Felipe. |
O obxecto deste convenio é a atención de menores, tutelados por esta administración ou en situación de garda, na cidade infantil Príncipe Felipe, establecemento do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra. O equipamento fórmano un conxunto de módulos ou unidades de convivencia cun número de 75 prazas de atención residencial e 25 prazas de atención de día. |
24.11.2015 |
765.302,27 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital a familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. |
Constitúe o obxecto do convenio a colaboración entre as partes asinantes no desenvolvemento dun programa de apoio e de axuda psicolóxica, terapéutica e de mantenza a familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais que, carentes de medios e recursos adecuados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia. |
2.10.2015 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o 2016 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do programa de integración familiar. |
O obxecto deste convenio é promover e potenciar a adecuada atención e protección á infancia e á adolescencia por parte das súas familias, a través dunha intervención integral especializada no propio contexto da familia afectada, estimulando as súas capacidades, corrixindo déficits, promovendo cambios e reparando danos. |
31.12.2015 |
418.000,00 € |


