Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4303

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na publicación da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 31 de decembro de 2015, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir.

Na páxina 53088, no punto 25) do artigo 5, onde di: «Engádese unha subalínea 03 á alínea 23 do anexo 3», debe dicir: «Engádese unha subalínea 03 á alínea 27 do anexo 2».

Na páxina 53135, disposición derradeira segunda, na modificación do artigo 91, no punto 2, onde di: «2. Así mesmo, recoñécese o dereito á fixación dun período alternativo de vacacións nos casos de coincidencia do período ordinario de vacacións cos permisos por lactación, parto, adopción ou acollemento ao do outro proxenitor por parto, adopción ou acollemento dun fillo.», debe dicir: «2. Así mesmo, recoñécese o dereito á fixación dun período alternativo de vacacións nos casos de coincidencia do período ordinario de vacacións cos permisos por lactación, parto, adopción ou acollemento, ou do outro proxenitor por parto, adopción ou acollemento dun fillo.».