Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, documentalmente simplificada, para un servizo dun helicóptero de tipo medio, con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante a precampaña do ano 2016 (proposta 2/16-I) (expediente 10/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita ou expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: un servizo dun helicóptero de tipo medio, con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante a precampaña do ano 2016.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: anualidade 2016 (precampaña), de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 204.975,00 € (exento de IVE).

Valor estimado: 204.975,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo as epígrafes J e K da folla de especificacións (admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 2, equivalente á categoría B do Real decreto 1098/2001, para acreditar a solvencia).

7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do orzamento de licitación (10.248,75 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 61 30/ 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23970.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8 días) naturais, a non ser que ou último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico enriba sinalado.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: establecer como condición especial de execución que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no número 13 do PPT.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural
P.A. (Artigo 4 da Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal