Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo do inicio de procedemento de reintegro de axudas á contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativo aos expedientes TR348A 2011/54-2 e dous máis.

Intentada a notificación dos acordos do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo polos que se inicia o procedemento de reintegro das subvencións concedidas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido dos ditos actos como figura no anexo, para que poidan ter coñecementos deles.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 28 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2011/54-2.

Nome: Perfecto Pérez, S.L.

DNI/NIF: B32247413.

Último enderezo coñecido: estrada Celanova, 22, baixo, 32890 Barbadás (Ourense).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 21 de agosto de 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR348A 2011/179-2.

Nome: Perfecto Pérez, S.L.

DNI/NIF: B32247413.

Último enderezo coñecido: estrada Celanova, 22, baixo, 32890 Barbadás (Ourense).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 2 de setembro do 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR348A 2011/163-2.

Nome: Martha Sánchez, S.L.

DNI/NIF: B27422021.

Último enderezo coñecido: lugar Frollais, 44, 27620 Samos (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 1 de setembro do 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.