Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a declaración de desistencia dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017, proposta 80/15-I (expediente 5/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23664

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 2016.

e) División por lotes e número: si; lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes, e lote 2: helicópteros de tipo medio co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipado de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 13.315.789,68 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 36.628.224,96 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de desistencia: 13 de xaneiro de 2016.

b) Adxudicataria: non hai.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural
P.A. (Artigo 4 da Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal