Con data do 27 de novembro de 2015 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Queserías del Ulla, S.L. (Vedra) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010.
Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a proposta de resolución a interesada, e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia