Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.47109 en materia de verteduras de augas residuais.

Con data do 26 de novembro de 2015 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra José Feliciano Cotelo Barca (A Coruña), pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Unha vez intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, nº 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia