Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación suxeita á regulación harmonizada para a adquisición de equipamento operativo para a prevención e atención ás emerxencias, mobilizado e coordinado desde o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15 mellora de infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramuniciais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23049

Tamén terase acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.043

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: a subministración de equipamento operativo para a prevención e atención ás emerxencias destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias, mobilizados baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 34131000-4, lote 2: 34220000-5, lote 3: 34115200-8, lote 4: 34113000-2.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 2015/S 132-242815, do 11.7.2015; BOE: nº 167, do 14.7.2015 e DOG: nº 133, do 16.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 743.801,65 €; importe total: 900.000,00 €.

5. Dotación por lotes.

a) Lote 1: 10 vehículos todo terreo «pick up». Importe neto: 289.256,20 €. Importe total:  350.000,00 €.

b) Lote 2: 10 remolques para a atención ás emerxencias. Importe neto: 132.231,40 €. Importe total: 160.000,00 €.

c) Lote 3: 7 vehículos tipo furgón para a atención ás emerxencias. Importe neto: 173.553,72 €. Importe total: 210.000,00 €.

d) Lote 4: 6 vehículos todo camiño para a atención ás emerxencias. Importe neto: 148.760,33 €. Importe total: 180.000,00 €.

6. Formalización do contrato do lote 1.

a) Data de adxudicación: 15 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 11 de decembro de 2015.

c) Adxudicatario: Gruivol, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 288.206,20 €; importe total: 348.729,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

7. Formalización do contrato do lote 2.

a) Data de adxudicación: 15 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 16 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: Maforgal, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 132.210,00 €; importe total: 159.974,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

8. Formalización do contrato do lote 3.

a) Data de adxudicación: 15 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 16 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: Ibericar Gestoso, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 162.369,20 €; importe total: 196.466,73 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

9. Formalización do contrato do lote 4.

a) Data de adxudicación: deserto.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias