Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015320AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 21 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015320AL-CO incoado a Catering Perea Rojas, S.L.U.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Catering Perea Rojas, S.L.U. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 18 de xaneiro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015320AL-CO.

Interesada: Catering Perea Rojas, S.L.U.

DNI/NIF/CIF: B82241207.

Último enderezo coñecido: parc. 143 bis; polígono industrial Sabón, 15412 Arteixo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007).

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 €.